Sobre a marca
Foi creada no ano 2017 e consiste principalmente en ilustracións e deseños de temática galega coa MULLER como figura central.
Xurde da unión de dous aspectos fundamentais na vida da autora, Viki Berre, o debuxo, e a reivindicación.
Grazas a esta combinación nacen deseños con forza e con identidade que son capaces de expresar quen somos nós, as galegas.
Nas ilustracións veredes mulleres robustas, que miran á fronte e saben ben que o mundo é para elas.
As fillas de "Morgana" somos todas, que pertencemos a unha mesma nai, á forza poderosa que nos une a todas como mulleres. Neste caso é Morgana a nai que escollemos para o título da marca, pero poderían ser moitas outras. O máis importante é tecer unha rede de sororidade e que nos apoiemos unhas a outras.
Moitas grazas por seguir o traballo que fago!