Política de envíos
Os envíos fanse a través de Correos, como carta ordinaria, e adoitan tardar unha media de 10 días laborables.En caso de que non poidan deixar o paquete no buzón polas súas dimensións, deixarán unha nota para recollelo na oficina.
Esta forma de envío non ten número de seguimento, co cal nós non podemos saber onde está o paquete en cada momento. Se pasan máis de 10 días e o paquete non chegou ó domicilio, ó cliente terá que ir á oficina de Correos que lle corresponda segundo o código postal e preguntar por unha carta ordinaria ó seu nome.
*Non nos facemos responsables da tardanza ou extravío dos envíos en caso de que o cliente indicara mal o enderezo.
*Para envíos a Canarias precisamos o DNI da persoa destinataria.
*Non facemos envíos fóra de España.
ENVÍOS CERTIFICADOS:
Podes escoller esta forma de envío ó realizar o pedido. Neste caso enviaremos o número de seguimento do paquete a través do e-mail de contacto que poñades.
Os envíos certificados adoitan tardar entre 2 e 4 días laborables de media.
Política de devolucións
Non aceptamos cambios e devolucións sen motivo xustificado que non teña que ver con desperfectos ou taras de fabricación ou do proceso de impresión/serigrafiado.No caso de que o produto que chegue ó domicilio non estea en condicións, o cliente deberá contactar connosco nun prazo de 5 días laborables dende a recepción do paquete, e recibirá instrucións para enviar de volta o produto. Reemplazarase o produto danado por outro igual (sen custe adicional) ou por outro similar no caso de que estea esgotado.
*Non se fan devolucións de diñeiro. En calquera caso, entregarase un vale ou produtos do mesmo valor.
*Se non estás segura da talla das camisetas, consúltanos as medidas para asegurarte de mercar a correcta.
Política de pagos e cancelacións
O cliente poderá pagar a compra a través desta web por medio de Paypal. Deberá dispoñer dunha conta de Paypal para escoller esta opción. Neste caso, o pedido dase por confirmado e enviaremos unha notificación por e-mail cando o paquete sexa enviado.
Outros métodos de pago aceptados son Bizum e Transferencia bancaria. Nestes casos, o pago debe facerse despois de realizar o pedido. Non se completa o pago a través da web, senón que é un paso que debe completar o cliente de forma externa. Se queres realizar o pago dalgunha destas dúas maneiras, marca a opción "transferencia" cando realices o pedido. Recibirás un e-mail cos datos para realizar o pago.
*Nestes últimos casos, o pedido non se dá por confirmado ata que teñamos constancia do pago. Se non recibimos constancia nun prazo de 3 días laborables, o pedido quedará cancelado automáticamente.
*Non se pode cancelar un pedido unha vez feito e pagado, a non ser que estea duplicado ou houbese algún problema técnico durante o proceso de compra.